sábado. 18.05.2024

O Porriño acolleu hoxe a xornada final da XXVII Liga Galega de Baloncesto Adaptado. 160 deportistas déronse cita no pavillón municipal para disputar a terceira xornada e final da competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.

En total disputáronse 14 partidos nos tres campos habilitados. Xogadores e xogadoras do Asdan, San Rafael, Celta Integra, Vilagarcía, Juan María, Ambar, Aspavi, Aspanaex, Méndez Núñez, Saiar e Saladino Cortizo saltaron á pista para resolver o campeonato nas diferentes categorías.

B46B8708

O equipo do Celta Integra impúxose na categoría Competición, seguido do Asdan e o San Rafael. Na Adaptada Masculina o gañador foi o Aspanaex e en segundo lugar que dou o Celta Integra. O Saladino Cortizo A fíxose coa adaptada mixta por diante do Saiar.

Celta Integra, Aspanaex e Saladino Cortizo impóñense na XXVII liga galega de baloncesto...
Comentarios