lunes. 15.07.2024

1ª Fase de Seleccións Comarcais Femininas do Campionato Galego de Fútbol

O luns 20 de febreiro xogarase a primeira fase de seleccións masculinas Sub 11 de Fútbol 8 e Sub 13 de Fútbol 11, nos Campos de Lourambal de O Porriño. E o martes 21 xogarase a primeira fase de seleccións femininas Sub 11 de Fútbol 8 e Sub 14 de Fútbol 11 nos Campos mosenses de As Baloutas e Cotororrón. En total Mos acollerá o vindeiro martes a un total de 300 rapazas futbolistas chegadas de toda Galicia.Todos os partidos disputaranse entre as 10:00 horas da mañá e as 18:15 horas da tarde, cos correspondentes turnos para xantar.

A Louriña será sede desta competición  autonómica a vindeira semana.
A Louriña será sede desta competición autonómica a vindeira semana.

Esta mañá presentouse no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro Tameiga o Campionato Galego de Seleccións Comarcais (Vigo, Pontevedra, Ourense, A Costa, Santiago, Lugo, Ferrol e A Coruña) que se disputará entre O Porriño e Mos o luns 20 de febreiro e o martes día 21.

Na presentación estiveron presentes a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, o concelleiro de Deportes do Concello de Mos, José Areal, o concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, Abel Estévez, os presidentes dos clubes de fútbol mosenses Louro Tameiga, Patricio Farrapeira, e Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio; e a secretaria do club de fútbol Porriño Industrial.

O luns 20 de febreiro xogarase a primeira fase de seleccións masculinas Sub 11 de Fútbol 8 e Sub 13 de Fútbol 11, nos Campos de Lourambal de O Porriño.

E o martes 21 xogarase a primeira fase de seleccións femininas Sub 11 de Fútbol 8 e Sub 14 de Fútbol 11 nos Campos mosenses de As Baloutas e Cotororrón. En total Mos acollerá o vindeiro martes a un total de 300 rapazas futbolistas chegadas de toda Galicia.

Todos os partidos disputaranse entre as 10:00 horas da mañá e as 18:15 horas da tarde, cos correspondentes turnos para xantar.

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, destacou sobre esta cita deportiva do vindeiro martes en Mos que “supón para nós unha auténtica honra acoller a primeira fase dun Campionato Galego destas características, e acoller ademáis os partidos das seleccións femininas; xa que somos un municipio referente en fútbol feminino cun equipo, o UD Mos Feminino, en Primeira Nacional”. “O martes centos de xogadoras galegas congreagaranse en Mos, o que é un verdadeiro orgullo para este Concello, e polo que quero tamén dar as máis sinceiras grazas aos clubes anfitrións, o Louro Tameiga e a Unión Deportiva Mos, que as acollerán na súa casa: nos Campos de Fútbol Municipais de Cototorrón e As Baloutas. Ademais ambos clubes son un verdadeiro exemplo de esforzo e traballo duro, así como de apoio e impulso do deporte base, tan importante e no que está a clave do éxito das categorías superiores”, concluíu Arévalo.

1ª Fase de Seleccións Comarcais Femininas do Campionato Galego de Fútbol
Comentarios