jueves. 18.04.2024

Seso Duran felicita o Nadal co seu  novo single 'A voz interior'; que é ademais unha maneira estupenda de coñecer á bandaza que me acompaña nos directos. Un clip no que ides comprobar que é certo, que o da creación é 20% inspiración e 80% transpiración! 

A Canción de Seso Durán está producida por Seso Durán + Banda Gravada por Irra Chouza, Seso Durán e Manuel Ares Mesturada por Iago Lorenzo. Cámaras: Seso Durán, Irra Chouza e Xandre Táboas. Edición de video: Seso Durán

Seso Durán iniciou a súa carreira musical nos 90 como integrante e compositor no grupo folk Liorna. Tras 10 anos alonxado dos escenarios, nos que centrou a súa actividade profesional na docencia da música, en 2017 debutou en solitario co disco Son da Memoria -presentado no Culturgal dese mesmo ano-  xunto a músicos como Charlie Bautista, Javier Cedrón ou Carmen Rey.

Comprometido coa innovación, Seso ten obtido numerosos recoñecementos dentro e fóra de Galicia polos seus proxectos educativos e é un invitado habitual en destacados  foros pedagóxicos e culturais   como a Universidade de Santiago de Compostela ou a Universidade Autónoma de Madrid.

Seso Duran felicita o Nadal co seu novo single 'A voz interior'
Comentarios