viernes. 03.05.2024

Os segredos das camelias saen a rúa en Pontevedra

 Como resultado da colaboración da Deputación de Pontevedra (Estación Fitopatolóxica Areeiro), a Axencia de Turismo de Galicia e a Sociedade Española da Camelia, créase en 2020 a Ruta da Camelia, unha experiencia  turística única en Europa que está en continua ampliación. Algúns dos xardíns da Ruta  tamén  teñen  o galardón  de  Xardín  de Excelencia Internacional e están  incluídos  no Itinerario Europeo de Xardíns Históricos do Consello de Europa. 

As camelias forman parte da nosa paisaxe desde hai máis de 200 anos. Estamos tan afeitos a velas crecer e florecer preto de nós en xardíns, rúas, parques… que podemos chegar a pensar que sempre estiveron  aquí,  pero  non,  viñeron  de  Oriente,  de  onde  son  oriúndas  e  atoparon  en  Galicia  unhas condicións idóneas para medrar converténdose en verdadeiras árbores. 

  A partir da metade do século XX, a camelia fíxose tan abundante, e tal foi a súa adaptación á nosa terra, que conquistou a condición de flor das Rías Baixas. Un dos eventos que máis influíu na difusión e popularización do seu cultivo  foi o Concurso Internacional da Camelia, cuxa primeira edición  tivo lugar nos salóns da Deputación de Pontevedra en 1965, e desde entón celébrase alternando as cidades de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa. 

  En 2003 un grupo de afeccionadas e afeccionados crea a Sociedade Española da Camelia, unha organización sen ánimo de lucro co obxectivo de divulgar e promover a flor e a árbore da camelia a 
través de calquera acto ou medio de promoción. Pouco máis tarde, a camelia é recoñecida oficialmente como Flor de Galicia. 

  Como resultado da colaboración da Deputación de Pontevedra (Estación Fitopatolóxica Areeiro), a Axencia de Turismo de Galicia e a Sociedade Española da Camelia, créase en 2020 a Ruta da Camelia, unha experiencia  turística única en Europa que está en continua ampliación. Algúns dos xardíns da Ruta  tamén  teñen  o galardón  de  Xardín  de Excelencia Internacional e están  incluídos  no Itinerario Europeo de Xardíns Históricos do Consello de Europa. 

  De todo isto e máis falamos nesta exposición, na que puxemos todo o noso cariño e esforzo e que naceu co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía todos os segredos e curiosidades desta nosa flor.  A deputada de Turismo, Nava Castro, xunto coa presidenta da Sociedade Española da Camelia, a Tenente  Alcalde  de  Pontevedra,  Eva  Vilaverde  e  os  amigos  do  Camiño  Portugués,  recorrerán  a exposición explicando a toda a cidadanía que se achegue o contido dos carteis que forman a exposición nos que recollemos a súa historia, os coidados, os produtos derivados, e a influencia na moda, nas artes ou na gastronomía e, como non, no turismo. 

Confiamos que esta iniciativa contribúa a difundir e descubrir un pouco máis o apaixonante mundo da 
camelia.....  flor de Galicia. 

Os segredos das camelias saen a rúa en Pontevedra
Comentarios