miércoles. 24.04.2024

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na inauguración da xornada Roberto Vidal Bolaño, fálanos sempre, organizada pola Xunta de Galicia para rememorar a figura deste dramaturgo.

Xunto ao representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades tamén interviñeron Manuel González, coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, varios representantes da familia Vidal Bolaño e a directora da xornada, Nuria Araúxo.

O programa da xornada, que se celebra no salón de actos do Pazo de San Roque, inclúe relatorios de Inma López Silva, Camilo Franco e Roi Vidal Ponte. Así mesmo, celébranse tres mesas redondas coa presenza de destacadas figuras do mundo do teatro, como Manuel Guede, Roberto Pascual, Mónica Caamaño ou Quico Cadaval, entre outros.

O evento tamén conta cun coloquio sobre as dúas montaxes da obra Rastros, de 1998 e a de 2022 dirixida por Lois Blanco, en coprodución co Centro Dramático Galego. Modera Camilo Franco, coa participación de Luís Iglesia, Pablo Carrera, Mateo Franco e Lois Blanco. Unha intervención da familia do homenaxeado pechará a xornada.

‘ Roberto Vidal Bolaño, falamos sempre’
Comentarios