jueves. 02.05.2024

Ponteareas énchese esta fin de semana de humor e teatro da man do programa Cultura24. O grupo de teatro afeccionado Pena do Equilibrio subirá ao escenario para representar ‘O tiro pola culata’, unha obra orixinal de Paula Lorenzo Sertaje que divertirá ao público a través dunha comedia de enredo na que non faltará a picaresca e onde a realidade sempre é diferente á ficción.

A actuación será de balde a partir das 20.30 horas no CCAD de Areas. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a todas e todos os ponteareáns “a gozar dunha tarde de comedia con esta nova actividade do Cultura24, un programa co que buscamos ofrecer á veciñanza un amplo programa de actividades gratuítas ao tempo que dinamizamos as nosas parroquias e promocionamos a arte e ás nosas agrupacións musicais e culturais”.

Pena do Equilibrio representará ‘O tiro pola culata’
Comentarios