viernes. 29.03.2024

‘A parábola do angazo’

Dirixida por Diego Rey con Toño Casais e Artur Trillo, Talía Teatro subirá ao escenario para contar a historia dun mozo dunha aldea galega que decide emigrar a Castela e que, aos poucos meses retorna a casa. Neses días ocorre algo tan incríbel como desastroso: aquel home esquecera a lingua do seu pobo, a que levaba falando toda a súa vida.
Humor con lingua en Ponteareas con Talía Teatro e a súa obra ‘A parábola do angazo’.
Humor con lingua en Ponteareas con Talía Teatro e a súa obra ‘A parábola do angazo’.

O auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas abre esta fin de semana as súas portas para dar a benvida a Talía Teatro e a súa obra ‘A parábola do angazo’, unha comedia na que, a través do humor e a partir de textos de diferentes autores e autoras, a compañía invita ao público a reflexionar sobre as linguas no mundo e sobre o galego, botando unha ollada ao pasado para ter outra perspectiva do presente e mirar de esguello ao que haberá no futuro.

Dirixida por Diego Rey con Toño Casais e Artur Trillo, Talía Teatro subirá ao escenario para contar a historia dun mozo dunha aldea galega que decide emigrar a Castela e que, aos poucos meses retorna a casa. Neses días ocorre algo tan incríbel como desastroso: aquel home esquecera a lingua do seu pobo, a que levaba falando toda a súa vida.

Ponteareas acolle a representación desta obra este sábado 29 de abril ás 20.30 horas. As entradas terán un prezo de 3 euros por persoa e poderán adquirirse o venres 28 de abril de 10.00 a 14.00 horas na biblioteca municipal ou o propio sábado 29 de 11.00 a 13.00 e de 18.30 a 20.30 na billeteira do auditorio.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a toda a veciñanza a achegarse este sábado ao auditorio municipal “e gozar dunha obra que, rindo a eito, nos permitirá sacar a nosa lingua ben fóra e demostrar que aínda ten moito que dicir”.

‘A parábola do angazo’
Comentarios