jueves. 25.04.2024

A Xove Orquestra Sinfónica estrea director, Pablo Puga

A Xove Orquestra Sinfónica estrea director, Pablo Puga, á súa temperá idade, perfecciona a súa técnica coa batuta baixo a mirada de grandes directores. Comeza a formarse sobre o podium en 2017 na Academia “Opus 23” da man de dous directores de recoñecido prestixio, Miguel Romea e Andrés Salado. Compaxinou os seus estudos de dirección cos últimos anos de estudo de violín no Conservatorio Profesional da súa cidade natal, Vigo,na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela, e posteriormente no destacado Conservatorio Superior do País Vasco “Musikene”.
Pablo Puga.
Pablo Puga.

Orquestra Sinfónica de Pontevedra renova a dirección das súas distintas seccións .

A batuta da Orquestra Infantil continuará nas mans de Marta Souto. Marta Souto Caride é violinista titulada polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e polo Real Conservatorio de Música de Madrid na especialidade de Música de Cámara.

Mentres se perfecciona coa violinista Olga Vilkomirskaia, traballa baixo a batuta de grandes directores como Rainer Steubing-Negenborn, Vicente Alberola ou Lorenzo Ramos, que marcan profundamente a súa visión do ensino e da aprendizaxe musicais.

O traballo e a amizade xurdida no seo da Fundación Arriaga cos irmáns García López de la Osa permítenlle profundar na súa formación musical con gravacións e concertos con músicos da talla de Maurice Bourgue, Josep Colom ou Eduardo Martínez, e ao mesmo tempo bríndalle a posibilidade de participar en ciclos de
concertos divulgativos e educativos pensados especialmente para os máis pequenos e as súas familias ao longo de toda a Península, con excelente acollida de prensa e público.

As súas continuas inquedanzas musicais fanlle interesarse polo coñecemento das distintas pedagoxías musicais xurdidas no último século e medio, feito que a encamiña á obtención do Grao de Primaria coa mención en Música. Da visión dos históricos Bartók, Kodály ou mesmo Stokoe nace un achegamento á música
tradicional galega dende o estudio e a práctica na que a acompaña a súa familia.

A súa ecléctica visión da música permitiulle coñecer o ensino musical nos seus distintos niveis: conservatorios e escolas de música, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Educación Infantil e Primaria.

Esta derradeira estación compaxínaa coa educación dos seus fillos e a dirección dende 2017 da Orquestra Infantil Filharmónica de Pontevedra, agora coñecida como Orquestra Infantil Sinfónica de Pontevedra.

A Xove Orquestra Sinfónica estrea director, Pablo Puga, á súa temperá idade, perfecciona a súa técnica coa batuta baixo a mirada de grandes directores. Comeza a formarse sobre o podium en 2017 na Academia “Opus 23” da man de dous directores de recoñecido prestixio, Miguel Romea e Andrés Salado. Compaxinou os seus estudos de dirección cos últimos anos de estudo de violín no Conservatorio Profesional da súa cidade natal, Vigo,na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela, e posteriormente no destacado Conservatorio Superior do País Vasco “Musikene”.

A paixón polo seu instrumento levouno a recibir clases de maestros e maestras como Tatiana Samouil, Andoni Mercero, Yun-Peng Zhao, Edita Shulman ou Ildikó Oltai, cos que perfeccionou a súa técnica violinística e a súa visión dentro da orquestra, que lle axudou nesa gran claridade xestual que ten fronte a calquera agrupación musical.

Na súa actividade orquestral como violinista destaca os seus sete anos como membro da Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia, onde estivo baixo a batuta de grandes mestres como Alberto Zedda, Dima Slobodeniouk, Roberto González-Monjas ou Kristoff Penderecki, entre outros moitos.

No seu labor como director de orquestra, foi convidado ao podium de varias orquestras e agrupacións xoves de Euskadi e de Galicia. O seu traballo como director asistente estivo da man de mestres como Leonard Slatkin, Eliahu Inbal, Pablo González, José Miguel Pérez-Sierra, Roberto González Monjas, Rubén Gimeno, Juanjo Mena ou Dima Slobodeniouk, tanto na Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, como en orquestras sinfónicas profesionais como a Bilbao Orkestra Sinfonikoa, a Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Orquestra Sinfónica
de Castilla y León.

A súa formación no mundo da dirección é continua, participando en cursos de dirección de orquestra, como o organizado en 2018 pola Orquestra Sinfónica de Galicia, ou sendo alumno activo no curso impartido por Rüdiger Bohn en Vilna, coa Lithuanian State Symphony Orchestra, en xaneiro de 2022. Complementa a
súa formación coa asistencia aos ensaios da Orquestra e Coro de Radio Televisión Española e da Orquestra e Coro Nacionais de España entre outras orquestras do panorama español.

INSCRIPCIÓNS

A Orquestra Sinfónica de Pontevedra, dende o vindeiro luns 21 de novembro ata o 27 do mesmo mes, comeza a inscrición para realizar as probas de acceso para a Xove e para a Infantil Orquestra Sinfónica. Poderán anotarse todos aqueles rapaces e mozos e mozas que desexen formar parte dela na páxina web ademais do formulario tamén están dispoñibles as bases con toda a información necesaria para a realización das probas, que terán lugar o 10 e 11 de decembro de 2022.

A Xove Orquestra Sinfónica estrea director, Pablo Puga
Comentarios