sábado. 27.04.2024

O vindeiro 9 de xuño, ás 20.30 h, o Teatro Afundación Vigo acolle o concerto da Orquesta Clásica de Vigo coa obra Carmen, de Rodion Shchredin. As entradas están á venda en Ataquilla.com.

No ano 1967, Maya Plisetskaya, a histórica bailarina do ballet Bolshoi, encarga, en colaboración co coreógrafo cubano Alberto Alonso, unha versión de Carmen de Bizet a Rodion Shchedrin, a súa parella e un dos principais instrumentadores do seu momento. A obra buscaba ofrecer unha visión vangardista do clásico, transformando unha ópera fundamental do século XIX nun ballet con sonoridades propias do século XX, sen pretender en ningún momento facer sombra ou deturpar a súa esencia. O resultado é a abraiante peza que se escoitará o 9 de xuño no Teatro Afundación Vigo.

Rodion Shchedrin é un dos compositores e instrumentadores máis destacados da segunda metade do século XX, un artista que, a demais de ser un recoñecido concertista de piano, conta con numerosas obras para orquestra, ballet e ópera. A principal característica de Carmen, de Shchedrin, radica na súa instrumentación. Esta peza revoluciona a orquestra ao prescindir dos ventos e facendo que o peso da obra sexa levado pola sección de percusión, unha familia instrumental que tomaba presenza nos anos sesenta do século XX, sendo a que máis evoluciona ata os nosos días. Neste concerto veremos como un quinteto de percusión asume o rol de solistas baixo o concepto de sección de percusión ampliada.

Orquesta Clásica de Vigo
Comentarios