jueves. 18.04.2024

O auditorio municipal Reveriano Soutullo acolleu hoxe a inauguración da exposición 'Ilustra-Arte'.

Desde hoxe e ata o vindeiro 10 de xaneiro poderemos desfrutar desta exposición dunha ducia de ilustradores da facultade de Belas Artes en Pontevedra. Baixo o tema central do misticismo Ana Fernández González será a comisaria desta exposición na que tamén nos achegará algunha das súas creacións.

Ana Fernández González é veciña de Salvaterra de Miño e estudante de Belas Artes. “Agradezo moito ao concello de Ponteareas e a súa tenente de alcalde Cristina Fernández a boa acollida e colaboración para organizar esta exposición que forma parte dun proxecto da nosa facultade. Atopar un lugar no que expor e compartir as nosas creacións e algo decisivo para motivarnos e promocionarnos”, declarou a artista.

Pola súa parte a concelleira de Eventos, Cristina Fernández, convida a

toda a veciñanza a desfrutar de balde deste encontro creativo no que

descubriremos o talento dos nosos e das nosas artistas.

'Ilustra-Arte', unha ducia de ilustradores da facultade de Belas Artes en Pontevedra