A Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Cee acollerá mañá, xoves 8 de outubro, ás 12.00 h, a inauguración da exposición 'Fillos do océano', un proxecto fotográfico de Javier Teniente. Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de Cee, ABANCA e Afundación. Na apertura da mostra estarán a alcaldesa, Margarita Lamela Louzán; a primeira tenente de alcaldesa e concelleira de Benestar Social, Igualdade e Emprego, Emilia María Trillo Lojo; o terceiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Deportes, Cultura, Festas e Turismo, Juan Manuel Buiturón Carballo; José Manuel Vilariño Orgeira; responsable Institucional ABANCA na Coruña; Víctor Miguel Escarís India, responsable Zona Santiago-Costa da Morte de ABANCA; e Luis Braulio Álvarez Astray, director da oficina de ABANCA en Cee.
En la foto, una mujer sale del agua con un pulpo.
Andavadoaka, Madagascar
Mayo 2009
As comunidades de pescadores artesanais de todo o mundo, así como as mulleres e homes que viven por e para o mar, son as protagonistas da exposición 'Fillos do océano', que reúne imaxes únicas de lugares como Galicia, Senegal, Andalucía, Nicaragua, India, Sri Lanka, Brasil, Panamá, Madagascar, Vietnam, Noruega ou Indonesia. Poderase visitar ata o vindeiro 31 de outubro, de luns a venres en horario de 09.30 a 13.30 h e de 16.30 a 19.30 h e os sábados de 12.00 a 14.00 h.
Esta colaboración é parte do proxecto 'Corrente cultural' que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.