martes. 25.03.2025

O Consorcio de Santiago e a Editorial Guiverny publican Compostela no cinema. Apuntamentos da cidade no século XXI, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Centro Galego de Arte Contemporánea. É un traballo da historiadora Yolanda López. Preséntase mañá martes, ás 19.30 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea -CGAC-. No acto participarán, ademais da autora, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; a responsable da editorial Guiverny, Belén Fortes; e o director do Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago Olmo.

Este estudo de Yolanda López analiza a imaxe da cidade compostelá no cinema e na ficción televisiva dos primeiros vinte anos do século XXI. Explica como o medio cinematográfico axuda a construír e/ou reforzar a percepción dunha cidade no imaxinario colectivo. Así, debúllanse as claves de once filmes representativos, realizados tanto por directores galegos coma foráneos.

Compostela no cinema