viernes. 19.04.2024

Mañá xoves, 16 de marzo, ás 20.30 h chega ao Teatro Municipal de Tui  o espectáculo “Cómicas, habelas hainas! Chega a Tui da man da Deputación de Pontevedra e forma parte do programa do Concello de Tui para conmemorar o 8M, o Día Internacional das Mulleres. Será unha cita de humor e comedia, poñendo en valor ás cómicas mulleres. Esta función, un exemplo do recoñecido programa El club de la comedia, correrá a cargo das cómicas galegas Marta Doviro, Jazmín Abuín e Arantxa Treus, coa presentación de Bárbara Grandío.

Esta proposta nace da idea de rematar cos prexuízos que aínda hoxe moitas cómicas e monologuistas seguen sufrindo, especialmente en Galicia, como mulleres no ámbito da comedia.

Marta Doviro é actriz, presentadora e cómica con máis de 10 anos de experiencia. Foi galardoada co Premio Dorotea Bárcena á mellor monologuista cómica e participou en películas e series da Televisión de Galicia e en máis dunha ducia de programas de entretemento. Dende 2020 visita cidades de Galicia co seu propio monólogo.

Jazmín Abuín é actriz, monologuista, cantante e xornalista que ten experiencia en teatro musical, televisión e cine. Actualmente é unha das cómicas de El Club de la Comedia, en Madrid, e representa o seu espectáculo cómico Riquiña por toda España.

Arantxa Treus comparte escenario cos e coas mellores cómicas no seu espectáculo Los monólogos de la Treus. Traballou ademais en series de televisión e recibiu o premio do Festival de Teatro Galego Celso Parada en 2022 ao mellor monólogo cómico. Actualmente prepara Revolta, o seu novo espectáculo teatral.   

Pola súa banda, a presentadora, Bárbara Grandío é actriz, recoñecida polo seu papel en La que se avecina, A estiba e na película A historia dun satélite, entre outros. Con esta última, foi candidata aos Premios Mestro Mateo 2018 á mellor actriz.

A entrada ao espectáculo é libre e gratuíta até completar aforo.

'Cómicas, habelas hainas'
Comentarios