viernes. 03.05.2024

Calígula, unha lección sobre a liberdade

Guede volve agora cunha produción portuguesa e en portugués, e isto é o primeiro que cómpre destacar: é gozoso escoitar sobre ás táboas do Salón Teatro ese portugués cada vez está máis afastado do galego porque, como salienta Fernando Venâncio no seu imprescindible ensaio Assim nasceu uma lingua, a historia do portugués é a historia das súas tentativas de afastamento do galego.
Calígula, interpretado por primeira vez por unha muller, Solange Sá.
Calígula, interpretado por primeira vez por unha muller, Solange Sá.

No seu 40 aniversario, cumprido realmente en 2020, a Companhia de Teatro de Braga trae ao Salón Teatro de Santiago de Compostela, sede do Centro Dramático Galego (CDG), unha versión do Calígula de Albert Camus, e faino baixo a dirección do galego Manuel Guede, quen estivo á fronte do CDG de 1991 a 2005 e de 2012 a 2015 e xa dirixira nel no ano 2000 a obra do Nobel francés nado en Arxelia cunha montaxe protagonizada por Antonio Durán, Morris.

Guede volve agora cunha produción portuguesa e en portugués, e isto é o primeiro que cómpre destacar: é gozoso escoitar sobre ás táboas do Salón Teatro ese portugués do Norte que cada vez está máis afastado do galego porque, como salienta Fernando Venâncio no seu imprescindible ensaio Assim nasceu uma lingua, a historia do portugués é a historia das súas tentativas de se afastar do galego.

Chama a atención moi positivamente as escollas do director canto á escenografía, a iluminación e mais o vestiario dos actores, nunha liña minimalista pero moi eficaz. Mais, con diferenza, a maior parte da forza da produción recae na interpretación. Trátase dunha obra coral, con trece actores en escea, mais na que peso principal descansa fundamentalmente en catro personaxes: por suposto no de Calígula, interpretado por primeira vez por unha muller –Solange Sá–, mais tamén nos encarnados por Sílvia Brito, Rogério Boane e Eduarda Filipa.

Calígula, o terceiro emperador romano, pasou á historia como un tirano demente, pola crueldade e e a extravagancia que lle apuxeron diversas fontes. Ao final morreu asasinado por un complot do Senado e a obra céntrase nese complot e as circunstancias que o produciron. Dous mil anos despois da morte do emperador e 80 anos despois de Camus escribir a obra, esta ten hoxe unha vixencia extraordinaria, por subliñar que nada está gañado nunca, nin a liberdade, e que a loita por esta ten que recomezar todos os días.

Calígula, unha lección sobre a liberdade
Comentarios