domingo. 13.10.2024

O auditorio municipal acolle este sábado a representación da obra de teatro 'Casa O'Rei'. Un espectáculo de Ibuprofeno Teatro premio María Casares nas categorías de mellor actor protagonista e música orixinal. 

Escrita e dirixida por Santiago Cortegoso será ás 20.30 de mañá sábado día 7 as entradas poderán ser adquiridas de 11 a 14 horas e de 18:30 a 20:30 horas na billeteira do auditorio municipal.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, explica que esta é unha das obras programadas no marco do convenio con AGADIC para este primeiro semestre do ano que suma un total de 17.460€, financiados entre o concello e AGADIC, dependente da Xunta de Galicia, e que vén a reforzar a programación cultural estable e de calidade ofertada nos últimos anos.

Dentro deste ciclo de actividades programado con AGADIC o público tamén poderá desfrutar do espectáculo “Ser e Terra” de Nova Galega de Danza, da obra “Loló e Mamá” de De Ste Xeito Produccións e da obra “Senior” de Culturactiva.


Ibuprofeno Teatro representa 'Casa O'Rei' en Ponteareas