sábado. 27.04.2024

A Xunta publica o censo do Patrimonio Cultural da comunidade no que se inclúen as alfombras de Ponteareas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o censo do Patrimonio Cultural no que se inclúen as alfombras florais que se elaboran na comunidade. Entre elas, atópanse os tapices que os veciños e as veciñas deseñan e confeccionan ano tras ano na vila polo que se trata dun paso máis para que a festividade acade a declaración de Ben de Interese Cultural.
Alfombra del Corpus Christi ponteareano.

Cómpre lembrar que a Consellería de Cultura incoou o expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial o Corpus Christi da vila o pasado mes de xuño ao considerar que constitúe un ritual recoñecido pola súa función social, entre outras cuestións. No documento, a administración autonómica destacou tamén o elevado coñecemento da veciñanza sobre a natureza e os seus elementos para confeccionar as alfombras así como as técnicas artesás que poñen en práctica tanto nos labores previos como na súa posta en práctica.

A alcaldesa, Nava Castro, indica que “o Corpus Christi de Ponteareas está cada vez máis preto de conseguir a declaración de Ben de Interese Cultural posto que a Xunta de Galicia inclúe agora as alfombras que se elaboran na vila no censo do Patrimonio Cultural logo de que xa en xuño do 2023 incoara o expediente de BIC” e apuntou que “se trata de recoñecer o esforzo dos veciños e das veciñas que deseñan e confeccionan os nosos tapices florais co compromiso e dedicación que lles caracteriza”. A rexedora concluíu que “é unha boa nova que recibimos a algo máis de dous meses de que o municipio se encha de novo de flores”.

A Xunta publica o censo do Patrimonio Cultural da comunidade no que se inclúen as...
Comentarios