domingo. 21.04.2024

Déixanos Valentín Domingo, impulsor da formación secundaria en Ponteareas coa fundación do Colexio Santiago Apóstol

O Concello traslada o pésame á familia de Valentín Domingo, persoeiro importante no sector da educación ao impulsar a formación secundaria na vila coa fundación do Colexio Santiago Apóstol. A súa familia traballou arreo para ofrecer á veciñanza do propio municipio e da contorna unha ensinanza de calidade, un mérito que lle foi recoñecido coa Medalla de Prata no ano 1994.
O Colexio Santiago Apóstolo iniciou a súa andadura en Ponteareas no ano 1945.

O Colexio Santiago Apóstolo iniciou a súa andadura na vila no ano 1945 e ofreceu a posibilidade de cursar estudos secundarios sen ter que saír da comarca do Condado. No ano 1970, comezou a impartir os curso de Bacharelato de forma oficial.

O concelleiro de Ensino, Ricardo González, indica que “deixounos o mestre que se trasladou á vila para fundar, xunto con tres dos seus irmáns, o primeiro centro da zona que se ocupaba do ensino secundario, o Colexio Santiago Apóstol” e pon en valor “o logro que isto supuña xa que posibilitaba estudar o antigo bacharelato e estudos de comercio e de maxisterio sen ter que desprazarse do municipio”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, apunta que “Valentín Domingo era unha gran persoa que colaboraba no día a día do municipio e que traballou arreo para conseguir unha educación de calidade. O seu labor na sociedade foi recoñecido coa Medalla de Prata do Concello do ano 1994 polo que co falecemento de Domingo, perdemos a un veciño exemplar”.

Déixanos Valentín Domingo, impulsor da formación secundaria en Ponteareas coa fundación...
Comentarios