jueves. 18.04.2024

O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres, 28 de febreiro, ás 20.30 horas a VIII Gala do Deporte Tudense.  Neste evento o Concello de Tui recoñecerá aos deportistas, clubs, adestradores, entidades… polos resultados acadados ao longo da temporada 2019. Así entregaranse os premios Deporte Tudense nas categorías feminina e masculina absoluto, sub23, promesa e veterano. Tamén os premios Deporte Tudense Adestrador, Deporte Adaptado, Promoción do Deporte Base, Firma Comercial, e Outras Entidades.

A gala comezará

coa actuación musical de Fonogenia con Mónica de Nut. A continuación entregarase

un recoñecemento aos 28 deportistas tudenses que en 2019 participaron en

competicións internacionais en atletismo, judo, fútbol, piragüismo e remo. No

transcurso da gala entregaranse amais distintos recoñecementos históricos a

persoas vinculadas co deporte, e outros a título póstumo.

Tui celebra a VIII Gala do Deporte