miércoles. 09.10.2024

Terceira fase do proxecto de rehabilitación das murallas da fortaleza de Salvaterra

As obras a realizar encóntranse dentro do proxecto de Rehabilitación das murallas da fortaleza de Salvaterra de Miño 3ª fase e que pretenden acondicionar o ámbito das rúas, mediante a pavimentación de lousas de pedra, canalización subterránea das infraestruturas e alumeado público.  Acondicionar o ámbito da praza da Oliva,  substituír o actual asfalto por un pavimento de terra na inmediación da porta de entrada.
Vista aérea de Salvaterra e o seu recinto amurallado.
Vista aérea de Salvaterra y su recinto amurallado.

O Grupo de Goberno levou ao Pleno da Corporación a aprobación do acordo de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización das obras de Humanización da Fortaleza de Salvaterra este luns 26 de setembro. Unha obra de máis de 600.000 euros que se executará entre o ano 2022 e o ano 2023.

As obras a realizar encóntranse dentro do proxecto de Rehabilitación das murallas da fortaleza de Salvaterra de Miño 3ª fase e que pretenden acondicionar o ámbito das rúas, mediante a pavimentación de lousas de pedra, canalización subterránea das infraestruturas e alumeado público.  Acondicionar o ámbito da praza da Oliva,  substituír o actual asfalto por un pavimento de terra na inmediación da porta de entrada.

Con estas actuacións preténdese mellorar a calidade ambiental do recinto, revitalizando o seu uso residencial, plantaranse 3 olivos que seguirán a antiga trama das edificacións preexistentes e mellorarase un entorno que a día de hoxe é un dos atractivos turísticos do municipio

Terceira fase do proxecto de rehabilitación das murallas da fortaleza de Salvaterra
Comentarios