viernes. 29.03.2024

A senda peonil dende a Igrexa da parroquia de Pereiras ata a senda de Atín

A senda peonil e a mellora da seguridade en Pereiras, inclúe entre as obras a realizar a construción dunha senda peonil dende a Igrexa da parroquia de Pereiras ata a senda de Atín, nas proximidades da estrada de titularidade autonómica PO-331. Coa execución desta obra, perséguese a mellora da circulación peonil tanto para a poboación en xeral como para os pais, nais e nenos do CEIP de Atín, e garantir unha comunicación segura dende a Igrexa ata estrada PO-331.
Avanza a bo ritmo a Senda do Foxo Vello en Pereiras, afirman dende o Concello.
Avanza a bo ritmo a Senda do Foxo Vello en Pereiras, afirman dende o Concello.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil da parroquia de Pereiras, Leo Costas, visitaron esta mañá as obras de acometida do proxecto de humanización Senda do Foxo Vello, acompañados polos técnicos municipais, Ramón Vega (arquitecto), e Purificación Barciela (arquitecto técnico).

Esta obra, que supón un paso máis no Plan Mos Humanizado, avanza a bo ritmo e suporá un antes e un despois para a parroquia de Pereiras, segundo declararon hoxe os representantes municipais Arévalo, Augusto e Costas.

Os traballos contan con subvención ao Concello de Mos no marco do Plan Concellos 2022-2023, liña 1 – investimentos (anualidade 2022-2023) da Deputación de Pontevedra. O proxecto de humanización Senda do Foxo Vello na parroquia de Pereiras ten un importe total que ascende a 406.926,42 euros. O prazo de execución é de 5 meses.

A alcaldesa destaca sobre esta obra que “continuamos dando pasos no noso Plan Mos Humanizado, que é un dos nosos principais compromisos do goberno local da presente lexislatura, no que damos ademais resposta a demandas veciñais; por iso priorizamos actuacións como esta Senda de Pereiras ou Senda do Foxo Vello”.

A senda peonil e mellora da seguridade en Pereiras, inclúe entre as obras a realizar a construción dunha senda peonil dende a Igrexa da parroquia de Pereiras ata a senda de Atín, nas proximidades da estrada de titularidade autonómica PO-331. Coa execución desta obra, perséguese a mellora da circulación peonil tanto para a poboación en xeral como para os pais, nais e nenos do CEIP de Atín, e garantir unha comunicación segura dende a Igrexa ata estrada PO-331.

O tramo de actuación comprenderá dende o adro da Igrexa de Pereiras (punto 0+00) ata o remate da senda peonil de Atín (punto 0+720). No trazado diferenciaranse dúas zonas: zona 1.- camiño do Foxo Vello e camiño Pazos, discorrerá paralelo a traza de cada un dos camiños, seguindo a mesma configuración xeométrica cos mesmos. - camiño Pazos, marxe dereita. - camiño Foxo Vello, marxe esquerda e marxe dereita. Zona 2.- inmediacións do CEIP de Atín, circunda o peche do colexio definindo zonas verdes e de aparcamento. Adóitase este trazado para evitar grandes movementos de terra e muros de contención cunha altura máxima de 3,00 m., así como compensar os desmontes e os terrapléns. As obras comprenderán: construción dunha senda peonil co fin de darlle continuidade á senda de Atín. Remate da mellora do itinerario peonil ao CEIP de Atín dende o núcleo de Atín.

Realizarase a execución da recollida de augas pluviais dos camiños do Foxo Vello e Pazos, baixo o trazado da senda peonil, conducindo as mesmas ata un rego existente no camiño do Foxo Vello. Dotarase a senda de iluminación mediante farois situados cada 20-25,00 m. E sinalización viaria da senda, con sinais verticais e pasos de peóns elevados.

A mellora da seguridade viaria lograrase coa realización desta actuación comunicando equipamentos e favorecendo a integración e mobilidade. A senda estará destinada a dar servizo á mobilidade cotidiá, executarase sen estreitar a beiravía existente e buscando a mellor integración paisaxística posible. Primará ante todo a seguridade viaria tanto dos vehículos como dos peóns.

A senda peonil dende a Igrexa da parroquia de Pereiras ata a senda de Atín
Comentarios