sábado. 27.04.2024

Salvaterra prepara a Exposición internacional de Orquídeas na Canuda

Salvaterra é un xardín ao Miño. Por iso, no Parque Público a Canuda vai ter lugar a Feira Internacional das Orquídeas. Dous días para aprender a cultivar esta planta que ten unha flor tan singular así como poder mercar exemplares de Orquideas algúns que non é doado adquirir en tendas comúns. Unha ocasión para que os coleccionistas de Orquídeas podan ampliar as súas coleccións. 
Exposición Internacional de Orquídeas, en Salvaterra, 2019. ARQUIVO.
Exposición Internacional de Orquídeas, en Salvaterra, 2019. ARQUIVO.

Esta quinta edición da Feira Exposición Internacional de Orquídeas celebrarsase os días 17 e 18 de setembro no Parque Público A Canuda, en Salvaterra. O horario dos dous días será de 11.00 a 20.00 horas. 

O sábado ás 12.00 horas, conferencia 'Cultivos dos xéneros Cattaleya E Laelia'. Pola tarde, ás 18.00 horas, segunda conferencia titulada 'Cultivo do Xénero Encyclia'. A continuación, 19.30 concerto en acústico de 'Like a Version'. 

O domingo, ás 12.30 actuación do dúo 'Alter nos'. Pola tarde, conferencia sobre 'Enfermidades das Orquídeas: os fungos'. Logo, 19.30 horas, concerto de Piano. O peche será ás 20.00 horas. 

Como outros anos haberá expositores de Orquídeas e poderase mercarlas así como postos con produtos derivados das orquídeas para a súa comercialización. 

programa
programa

Salvaterra prepara a Exposición internacional de Orquídeas na Canuda
Comentarios