sábado. 10.12.2022

Salvaterra convoca un novo Concurso de slogans contra a violencia de xénero

Con estas accións trátase de mellorar a convivencia en sociedade transmitindo fundamentalmente valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia machista sendo ésta, o pico máis alto da desigualdade. 
Recentemente instalouse un espazo de igualdade con ese mesmo fin de visibilizar e concienciar.
Recentemente instalouse un espazo de igualdade con ese mesmo fin de visibilizar e concienciar.

O Concello de Salvaterra de Miño conmemora como os últimos anos o Día Internacional da Violencia contra a Muller.

Entre as distintas accións con carácter preventivo e educativo que se levan a cabo, dentro da súa campaña en prol da loita contra esa lacra que nos asola como é a violencia de xénero e, a través do Programa de Educación e Intervención Familiar do Departamento de Servicios Sociais, convócase un novo Concurso de slogans, a XII edición xa, dirixido ao alumnado do IES de Salvaterra de Miño.

Con estas accións trátase de mellorar a convivencia en sociedade transmitindo fundamentalmente valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia machista sendo ésta, o pico máis alto da desigualdade. 

Téntase con todo elo promover un cambio de mentalidade, transmitindo outros valores e co fin de erradicar esta e todo tipo de violencia.

O concurso de slogans busca frases que traten de transmitir unha mensaxe e un posicionamento claro de repulsa hacia os malos tratos. Esta iniciativa enmárcase nunha campaña de concienciación e sensibilización social, así como posterior difusión e información a través da campaña e material de publicidade que cos lemas se crea. Nese material da campaña, ademàis da propia mensaxe do slogan, inclúese información sobre algúns dos recursos e lugares aos que se poder dirixir no caso de coñecer ou ser vítima dunha situación de malos tratos.  

O proxecto consiste en confeccionar material, entre outros uns marcapáxinas que despois se difundirán entre @s máis [email protected] e que conteñen o lema ou slogan gañador do concurso ademáis de teléfonos e enderezos dalgúns dos recursos que existen para abordar o problema.  A idea xurdiu e mantívose porque veuse que, ademáis de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil, tén unha perdurabilidade no tempo mantendo a vixencia da mensaxe así coma dos recursos.

O concurso conta con 4 premios. Tres deles valorados en 50€ canxeables por material diverso (educativo, deportivo, roupa música…) e un primeiro premio, o slogan gañador, que ademáis de recibir un premio de 150 euros canxeable ao igual que os anteriores, será o lema que se empregue na campaña de prevención e sensibilización do vindeiro ano.

O Concello leva anos traballando cos máis novos na prevención deste tipo de violencia a fin de que, dende idades tempranas, se establezan as bases para relacións sans e saudables xa que eles/elas, son o futuro.

Asimesmo na actualidade continúase a traballar coa subvención do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade, Goberno de España, creado específicamente para esta causa e en virtude da cal, ao longo deste ano e o vindeiro, desenvolveranse varias accións.

Recentemente tamén instalouse un espazo de igualdade con ese mesmo fin de visibilizar e concienciar.    

Finalmente e como cada ano, o propio día 25 de novembro ás 12.00 horas, terá lugar unha concentración na Praza do Concello seguida duns minutos de silencio, co obxecto de visibilizar e sumarnos [email protected] nesta loita. ¡O que non se trata …, non existe!! por iso debemos unirnos ante este tan grave problema da nosa sociedade.   

Só cabe esperar que nun futuro, o máis perto posible e, gracias tamén a accións de educación e concienciación como as que se tratan, este tipo de violencia quede completamente erradicada e non teña cabida nesta nosa sociedade, a cal todos formamos.

Salvaterra convoca un novo Concurso de slogans contra a violencia de xénero
Comentarios