jueves. 05.12.2024

O Concello de Salvaterra de Miño colabora na VIII edición da Semana da Ciencia que se celebrará desde o martes 28 ao venres 31 de marzo no instituto da localidade. 

O fío condutor das xornadas é a ciencia relacionada coa Saúde Mental. Deste xeito, a actividade estrutúrase en charlas para as que se contará con especialistas en distintas áreas da desta materia e do coidado psicolóxico, 
obradoiros creados polos distintos grupos, xogos de carácter científico e proxectos elaborados polo propio alumnado e que irán expoñendo aos seus compañeiros ao longo dos distintos días.

Así o instituto de Salvaterra contará, por exemplo, con charlas sobre produtos tecnolóxicos creados para persoas con discapacidade funcional, saúde mental e alimentación ou unha charla para as familias sobre o a atracción das pantallas dos dispositivos e que nos poden levar a sufrir unha adición na adolescencia.

En canto aos xogos, ademais dos clásicos da Semana da Ciencia, haberá outros específicos ao redor da saúde mental e do funcionamento do cerebro humano, así están organizando un de neurociencia, ou un trivial sobre ciencia e saúde mental, neste caso creado polo profesorado. Tamén haberá un concurso dirixido aos máis de 600 alumnos e alumnas do centro e no que colabora o Concello de Salvaterra de Miño.

Polos distintos espazos do centro tamén haberá exposicións e postos nos que o alumando mostrará os seus experimentos e aprendizaxes ao tempo que outros mostran as súas investigacións a modo de vídeo ou de podcast monográficos sobre o coidado da saúde mental presentando o proxecto “Naturalmente” tanto na radio nos recreos como nalgunhas clases.

Hanse poder ir consultando todas as actividades por medio da web do centro, desde a que se poderá acceder a unha ligazón específica desta VIII Semana da Ciencia de Salvaterra de Miño

Salvaterra celebra unha Semana da Ciencia para os máis novos
Comentarios