lunes. 13.05.2024

O Centro Cultural de Pontellas acolle este domingo unha nova edición da súa tradicional Festa da Zorza, organizada pola Asociación Cultural de Pontellas en colaboración co Concello do Porriño e a Comunidade de Montes de Pontellas.

Esta cita gastronómica chega á súa décimo oitava edición e todo apunta a que repetirán o éxito de cada unha das anteriores. Está previsto servir unhas 2.800 racións de zorza, que comezarán a dispensarse a partir das 11 da mañá e ata agotar existencias. 

Amenizando a xornada estará o Grupo de Gaitas Nordesía, as Cantareiras Vaicheboa e a Rondalla de Pontellas que se estrena como cada ano nesta festa.

O precio da ración é de sete euros e inclúe zorza, pan, viño ou auga. Como en anteriores edicións poderá degustarse a tradicional preparación servida en prato de barro ou preparada en empanada.

Pontellas rende culto a zorza
Comentarios