martes. 07.02.2023

Salvaterra impulsa os traballos arqueolóxicos en Os Castros

A existencia de polo menos tres potenciais abrigos prehistóricos acompañados de distintos paneis de petróglifos. Se cataloga tamén  a través deste traballo un petróglifo, un asentamento castrexo e descóbrese unha explotación aurífera de época romana. Ademais encóntranse elementos tardo antigos como sepulcros no entorno.

Despois de varios meses de traballo de investigación impulsados polo Concello de Salvaterra vén de iniciar os traballos de prospección superficial intensiva, sondeo valorativo e limpeza de gravado rupestre no xacemento de Os Castros  que se encontran ubicados entre Lourido e Soutolobre.

Os traballos arrancan no ano 2019 cando o grupo de goberno encarga a un arqueólogo a valoración de varios achados que se descubriran despois dos incendios que asolaran a zona. O que describe este informe é unha realidade arqueolóxica moi complexa, que dende esa data, se ven analizando.

Nese informe defínense varias secuencias cronolóxicas e arqueolóxicas que se dan nese mesmo emprazamento. A existencia de polo menos tres potenciais abrigos prehistóricos acompañados de distintos paneis de petróglifos. Se cataloga tamén  a través deste traballo un petróglifo, un asentamento castrexo e descóbrese unha explotación aurífera de época romana. Ademais encóntranse elementos tardo antigos como sepulcros no entorno.

As actuacións que está realizando nestes intres o concello corresponden a unha prospección superficial e intensiva nunha área de afección de 200m co fin de determinar con exactitude o número de adscrición tipolóxica co fin de posibilitar unha percepción máis axustada a súa realidade arqueolóxica que nos permita acortar a súa extensión e proceder a súa protección.

Con este traballo preténdese buscar apoio por parte da Consellería para seguir co traballo de campo en toda a zona e por en valor o gran patrimonio do xacemento.

Salvaterra impulsa os traballos arqueolóxicos en Os Castros
Comentarios