A concelleira Cristina Fernández lembra que a través da canle de youtube do Concello poderán seguir en directo o acto de lectura do pregón que este ano é a cargo do escritor pontearéa Alfonso Pexegueiro e que terá lugar o sábado día 13 ás 21 horas. A continuación, presentarase a revista PREGÓN e todos e todas as telespectadoras gozarán do concerto de CLARISAX.
A continuación, a partir
das 22 horas, farase un percorrido polas rúas engalanadas coa participación dun
grupo musical de ruada acompañando á actriz Isabel Risco que se dirixirá aos
espectadores online e animando á veciñanza a saír ao balcón e a participar na
emisión en directo intervindo a través dun micro-pértiga.
Ao remate do percorrido
polas rúas do Corpus cos balcóns e fachadas engalanadas, emitiranse vídeos de
arquivos históricos das alfombras das últimas décadas.
Unha vez remate a emisión
en directo, a programación estará dispoñible para que calquera persoa poida
volver a visualizala.
O luns día 15, festivo local, celebrarase, con aforo limitado, a habitual homenaxe aos alfombristas falecidos, depositando un ramo de flores na escultura que os lembra.
As actividades programadas
contan co apoio da Deputación de Pontevedra, mediante un convenio de 8.000
euros para a celebración do Corpus Christi, Festa Declarada de Interese
Turístico Internacional