sábado. 27.07.2024

Nava Castro contenta polo desenvolvemento do Corpus Christi ponteareán

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, quere felicitar, no seu nome e no de todo o grupo de goberno, a todas as persoas que fixeron posible unha nova edición do Corpus Christi de Ponteareas e a todo o público participante. O primeiro tenente de alcaldía e concelleiro de Cultura, Juan Carlos Carrera, salienta os bos datos “un quilómetro e medio de arte floral con milleiros de persoas que nos visitaron e ningunha incidencia de gravidade estamos máis que orgullosos do traballo desenvolto por todas e todos e da actitude de todo o público que nos visitouâ€.
A alcaldesa, Nava Castro, no intre en que agarda polos convidados.

Un público de calidade que estivo á altura do traballo realizado nas rúas polas e polos alfombristas ponteareáns. O equipo de goberno quere agradecer tamén a profesionalidade do persoal municipal que, ano tras ano, deixa de celebrar as festas en familia e coas amizades para realizar un servizo público e que toda a cidadanía poida gozar dun tempo de calidade. Tamén a presenza das autoridades políticas que arrouparon as celebracións; presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; conselleiro de Cultura, José López; presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; alcaldes da comarca e demais autoridades que disfrutaron e foron testemuñas do esforzo dun pobo. Ademais quere salientar o traballo das forzas e corpos de seguridade que velaron en todo momento pola tranquilidade das persoas. O goberno ten tamén palabras de agradecemento para todas as persoas voluntarias que colaboraron co bo desenvolvemento da festa.

Nunha edición na que se puxeron en marcha novos modelos e procedementos o balance é moi positivo, sinala a alcaldesa. “Para poder medrar, mellorar e innovar sempre hai que avaliar previamente e tomar decisións para logo poñelas en marcha que é o mellor xeito de poder axustarse ás necesidades. Recibimos máis persoas que nunca, incorporamos novidades e a resposta do público foi cívica, respectuosa e de colaboración. Non podemos pedir máisâ€.

Agora, o goberno comeza xa a pensar na vindeira edición e procede a celebrar as distintas reunións de equipo e departamentos para facer balance e recoller incidencias e melloras de cara á organización do próximo Corpus. “Sempre hai aspectos que mellorar e por iso manteremos estes días as pertinentes reunións e planificar desde xa a edición do ano 2025 en equipo e con consensoâ€.

Nava Castro contenta polo desenvolvemento do Corpus Christi ponteareán
Comentarios