jueves. 28.03.2024

A asociación Móvete polos nosos fill@s TDAH, coa colaboración do Concello de Ponteareas, organiza a súa primeira actividade cos rapaces e rapazas e as súas familias. Trátase de percorrer unha etapa do Camiño de Santiago, comprendida entre Pontesampaio e Pontevedra. Nos 11 quilómetros de andaina, os nenos e nenas estarán acompañados polas súas familias e polo equipo directivo do centro de estudos Tempos, así como pola terapeuta da asociación, responsable da área de psicoloxía do centro. Tamén conta coa presenza de Cristina Fernández, concelleira de Educación do Concello de Ponteareas.

“Sen perder o equilibrio” é o slogan da asociación e con el quere agradecer tamén á asociación Pica Rías Baixas, cuxo obxectivo do seu traballo é erradicar o Acoso Escolar e Bulling. Eles acompañarán os participantes coas súas motos nas que están afeitos a manter o equilibrio.

O punto de encontro no domingo 26 de xullo, ás 8.00 horas, vai ser diante da casa do concello de Ponteareas. O desprazamento ata Pontesampaio realizarase en coches particulares. Alí iniciarese a andaina ata chegar ao albergue de peregrinos da cidade de Pontevedra, onde o grupo vai ser recibido polo Presidente do Camiño Portugués, Celestino Lores. O grupo vai ver unha proxección sobre a etapa realizada explicando os puntos culturais máis destacados. O Concello de Ponteareas convida a uns bocadillos no Lago Castiñeiras. Rematará así a xornada de convivencia entre pais e fillos e fillas, que será una posta en práctica da teoría do esforzo traballada por algúns nas sesións de despacho coa terapeuta Ángeles Lores, licenciada en psicoloxía e especialista en trastornos de aprendizaxe. Estes contidos poden trasladarse á Natureza e sentir como, "despois dunha pequena subidiña, chega a recompensa cunha doce baixadiña". No noso caso, este aspecto valorarase coa subida á Canicouva.

Esta actividade é de balde. Os participantes deben anotarse no teléfono da asociación (643152905) ou enviando un correo a: [email protected].

Móvete polos nosos fill@s TDAH invita a participar nunha etapa do Camiño