viernes. 29.03.2024

A presentación oficial do percorrido de ‘La Vuelta 20’ se celebró este martes nun hotel madrileño e estivo presente a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co Director Xeral de ‘La Vuelta’, Javier Guillén, e o ciclista mosense, gañador dun Tour de Francia e Embaixador de ‘La Vuelta’, Óscar Pereiro; entre outras moitas autoridades.

Arévalo

e Pereiro xa estiveron presentes tamén o pasado sábado 14 de decembro na presentación en Santiago de Compostela das

etapas de ‘La Vuelta Ciclista España 2020’ que percorrerán Galicia e entre as

que se atopa a que terá saída desde Mos o 3 de setembro do ano que vén.

 O

Concello de Mos daba esta boa nova para o municipio o pasado 6 de decembro,

data na que se abría a programación de Nadal do

Concello de Mos co acto oficial de acendido do alumeado navideño na rotonda das

Angustias en Sanguiñeda.

A

alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou durante o evento navideño, no que tamén

estivo acompañada por Óscar Pereiro “unha gran sorpresa, un gran agasallo, para

todos os mosenses, que fará esteacendido

do alumeado de Nadal o máis especial e inesquecible da historia de Mos,

porque contaremos en 2020 coa saída dunha etapa de ‘La Vuelta Ciclista a

España’”.

O

ano 2020 será especial para o municipio mosense porque por primeira vez na

historia, ‘La Vuelta Ciclista a España’ sairá desde Mos, na única etapa que

haberá na provincia de Pontevedra e unha das 3 etapas que haberá en Galicia.

Este é o gran agasallo de Nadal do Concello de Mos e da súa alcaldesa para todas

e todos os mosenses.

A

etapa con saída desde Mos será número 18 e terá lugar o xoves 3 de setembro ás

13.00 horas, e desde o Concello de Mos e a organización de ‘La Vuelta’ estase a

estudar cal será a ubicación exacta desde onde se producirá a saída.

Mos acude á presentación oficial do percorrido de ‘La Vuelta 20’