miércoles. 24.04.2024

Melloras que se levaron a cabo na contorna da igrexa de San Mamede de Torroso

As melloras que se levaron a cabo na contorna da igrexa de San Mamede de Torroso cunha inversión de 315.000 euros que permitiron actuar en 2.700 metros cadrados para, entre outras cuestións, substituír o asfalto por pavimento de pedra, renovar o alumeado público ou levar a cabo a drenaxe do espazo e das zonas axardinadas.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, inaugura as obras de humanización na contorna da igrexa de San Mamede de Torroso realizadas ao abeiro do Plan Hurbe. Mos, 01/08/22.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, inaugura as obras de humanización na contorna da igrexa de San Mamede de Torroso realizadas ao abeiro do Plan Hurbe. Mos, 01/08/22.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe en Mos que os 7 millóns de euros do Plan Hurbe previstos para este ano darán un novo pulo ao “fermosismo” e afondarán na colaboración institucional en materia urbanística.

O titular do Goberno galego, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, comprobou as melloras que se levaron a cabo na contorna da igrexa de San Mamede de Torroso cunha inversión de 315.000 euros que permitiron actuar en 2.700 metros cadrados para, entre outras cuestións, substituír o asfalto por pavimento de pedra, renovar o alumeado público ou levar a cabo a drenaxe do espazo e das zonas axardinadas.

Rueda puxo en valor a colaboración entre administracións que, neste caso, permitiu abondar no “fermosismo” de Mos cunha actuación que a Xunta financiou co 70 % de custe e o Concello co 30% restante. Neste senso, defendeu que a colaboración sempre dá bos froitos e o Plan Hurbe é un instrumento que o facilita. Así, gabou este programa como especialmente relevante no rural, onde promove humanizacións para o desfrute dos cidadáns que paso a paso permiten mellorar o respecto pola paisaxe en todo o país.

O presidente da Xunta apuntou que, entre os anos 2010 e 2021, o Goberno galego colaborou no financiamento de máis de 360 intervencións urbanísticas, cun investimento global que supera os 155 millóns de euros co obxecto de “pasar do feísmo en moitos sitios de Galicia ao fermosismo; eses lugares fermosos, bonitos e que dan gusto velos”, puxo en valor.

No presente ano deuse un novo pulo a esta iniciativa coa reserva de 7 millóns para recuperar equipamentos municipais e mellorar a integración paisaxística das contornas urbanas.

Ao respecto deste programa, defendeu a súa relevancia tamén con respecto á imaxe que se proxecta de Galicia de cara aos visitantes e tamén peregrinos neste dobre e excepcional Ano Santo. “Temos un tesouro que coidar”, enxalzou o máximo mandatario galego, quen adiantou que o Plan Hurbe volverá a estar dentro das partidas dos Orzamentos de 2023 para seguir realizando máis actuacións de mellora nos concellos de Galicia.

Melloras que se levaron a cabo na contorna da igrexa de San Mamede de Torroso
Comentarios