viernes. 29.03.2024

O museo da Ciencia do Viño de Salvaterra ofrece unha experiencia gastronómica que harmonizará viños do Condado con conservas de pescado e marisco de Galicia o vindeiro xoves 19 de maio, ás 12 horas terá lugar, na Casa do Conde, edificio situado na Praza do Castelo de Salvaterra de Miño.

Esta actividade realízase en coordinación entre o Concello de Salvaterra de Miño, ANFACO-CECOPESCA  e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Para a inscrición en dita actividade cómpre confirmación a través do correo electrónico.

Harmonización de viños do Condado con conservas de pescado e marisco de Galicia.
Comentarios