viernes. 03.05.2024

Entran en servizo tres novos ramais do enlace de conexión da autovía Tui-A Guarda coa autovía A-55 e Areas

A partir de mañá, mércores día 17, entrarán en servizo tres novos ramais do enlace de conexión da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces coa autovía A-55 e de Areas. En concreto, prevense poñer en servizo os novos ramais de saída do enlace do punto quilométrico 30 da autovía A-55, así como o ramal directo entre a nova glorieta das estradas N-551 e PO-552 e a glorieta elevada.

A partir de mañá, mércores día 17, entrarán en servizo tres novos ramais do enlace de conexión da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces coa autovía A-55 e de Areas. En concreto, prevense poñer en servizo os novos ramais de saída do enlace do punto quilométrico 30 da autovía A-55, así como o ramal directo entre a nova glorieta das estradas N-551 e PO-552 e a glorieta elevada.

A execución do novo enlace do punto quilométrico 30+000 na autovía A-55 serve para dar conexión coa futura vía de altas prestacións Tui-A Guarda, así como coas estradas N-551 e a PO-552.  

Todos os ramais deste treito da vía de altas capacidade Tui-A Guarda entre os enlaces da A-55 e de Areas estarán en servizo este mércores, restando só o novo ramal en execución de entrada á autovía en sentido Portugal desde o enlace, que se prevé rematar nun mes

Así, unha vez finalizados os traballos dos novos ramais de saída 30 da autovía A-55, configurando un novo enlace sentido Portugal-Tui/O Porriño e Tui/O Porriño-Portugal, na súa calzada esquerda e dereita, entre o quilómetro 29+300 e o 30+500, prevese poñer en servizo os ditos novos ramais, ao longo do día de mañá, sempre que as condicións meteorolóxicas  o permitan.

Manterase en servizo o novo ramal de entrada á autovía desde o enlace sentido Portugal-Tui, calzada decrecente.

Deste xeito, todos os ramais do treito da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces da A-55 e de Areas estarán en servizo, a excepción do novo ramal de entrada á autovía desde  o enlace en execución, en sentido Portugal.

A construción deste último ramal, cuxos traballos non era posible acometer ata a entrada en servizo do ramal de saída, prevese que faga nun tempo inferior a un mes, sempre que as condicións meteorolóxicas acompañen.

NOVOS MOVEMENTOS DA CIRCULACIÓN

A posta en servizo dos tres novos ramais do enlace de conexión da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces coa autovía A-55 e de Areas implicarán novos movementos do tráfico e a mellora da circulación.

No caso concreto do novo ramal de saída da autovía ao enlace, no sentido Portugal-Tui, calzada decrecente, deixará de ser necesario facer o cambio de sentido na saída posterior da autovía (29 AB) para incorporarse de novo á autovía A-55 sentido Portugal. Este ramal funciona xa coa súa configuración definitiva, e para ir a Tui desde a glorieta elevada sobre a autovía collerase a primeira saída para discorrer polo novo vial que conecta coa nova glorieta da N-551 e da PO-552.

Para a circulación polo novo ramal de saída da autovía ao enlace no sentido Tui-Portugal, calzada crecente, poñerase en servizo unha nova saída, anterior á que está actualmente en servizo. Deste xeito, poderase cortar a saída actual para poder executar o novo ramal de entrada á autovía sentido Portugal, que é o que falta por acometer.

Finalmente, o tráfico polo novo viario directo de conexión da glorieta elevada coas estradas N-551 e PO-552, conecta a nova glorieta das estradas N-551 e PO-552 coa glorieta elevada sobre a A-55. Isto diminuirá o tráfico de paso no polígono de Areas, xa que evita aos usuarios da vía o ter que acceder ao polígono para chegar á autovía A-55.

Esta infraestrutura viaria supón un investimento autonómico de 30 M€ e ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria e aumentar a competitividade nesta contorna.

Entran en servizo tres novos ramais do enlace de conexión da autovía Tui-A Guarda coa...
Comentarios