sábado. 20.04.2024

O Concello de Ponteareas convoca para o vindeiro sábado 17 de setembro de 2022 a LV EDICIÓN DO CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS, consolidándose coma a festa musical da súa especialidade máis antiga de Galiza e colocando a Ponteareas como referente no panorama da música tradicional galega, según nota del Concello.

Os grupos participantes tocarán en directo na sala multiusos do Concello de Ponteareas, e ademais, cos seus traxes tradicionais completos, percorrerán as rúas da contorna coas súas melodías. Durante estes pases o xurado decidirá os gañadores dos catro premios que reparte o concurso, o primeiro recibirá 1.800 euros, o segundo 1.200, o terceiro 900, e o cuarto 600. Ademais, cada grupo participante, agás os gañadores, percibirá unha gratificación de 300 euros. Pola súa banda, a fundación Artesanía de Galicia, obsequiará aos gañadores do primeiro premio cunha gaita tradicional galega e un tamboril.

O grupo gañador comprométese a interpretar cinco pezas ao inicio do concerto folk que terá lugar ao remate do concurso.

O Concello organiza este concurso co obxectivo de promover e difundir a música tradicional galega. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, amosa  “o evento converteuse xa nunha cita imprescindíbel tanto para o público como para os grupos porque é unha xornada moi emotiva e coa que dinamizamos o folclore galego”.

Para participar no concurso os grupos que o desexen deben realizar a inscrición no Rexistro de Entrada do Concello de Ponteareas a través da sede electrónica ou a través de calquera das formas previstas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), de balde.

O prazo de admisión de solicitudes remata o día 9 de setembro de 2022. Máis información na páxina web do Concello.

Concurso de Gaitas do País
Comentarios