domingo. 21.04.2024
Mos

O Carril Bici Alto de Barreiro-Santiaguiño case rematado

A obra do Carril Bici Alto de Barreiro-Santiaguiño conta con financiación, a través dunha subvención, mediante convenio, da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, de máis de 750.000 euros. O carril bici desde a rotonda de Alto de Barreiro (en estrada Puxeiros-Mos) ata a Capela de Santiaguiño (Estrada Peinador-Os Valos) trátase dun carril de 3,5 km de desenvolvemento pola marxe esquerda. 
Obra da senda cicloturista Alto de Barreiro-Santiaguiño. INFOGRAFÍA.
Obra da senda cicloturista Alto de Barreiro-Santiaguiño. INFOGRAFÍA.

O remate das obras da senda cicloturista Alto de Barreiro-Santiaguiño é cuestión de días, e para supervisar os traballos achegouse a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal.

Os representantes municipais, Arévalo, e Grandal informaron de que o remate das obras da senda producirase próximamente e de que simplemente quedan pendentes de acometer os labores de axardinado e pequenos detalles finais nalgúns muros e peches.

A obra do Carril Bici Alto de Barreiro-Santiaguiño conta con financiación, a través dunha subvención, mediante convenio, da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, de máis de 750.000 euros. O carril bici desde a rotonda de Alto de Barreiro (en estrada Puxeiros-Mos) ata a Capela de Santiaguiño (Estrada Peinador-Os Valos) trátase dun carril de 3,5 km de desenvolvemento pola marxe esquerda. A actuación mellora as circulacións deste vial, incluíndo proteccións para as zonas de cruzamento de peregrinos, así como a posta en valor dos elementos patrimoniais como o Cruceiro dos Cabaleiros.

Deste xeito a Xunta colabora co Concello de Mos no impulso do cicloturismo e a seguridade viaria peonil no Camiño. O obxectivo do convenio de colaboración asinado con Turismo de Galicia é mellorar a seguridade viaria e a convivencia entre peóns, vehículos e ciclistas, especialmente no tramo en que o trazado coincide co Camiño de Santiago.

A actuación mellora un tramo de 3,5 quilómetros de lonxitude e supón un investimento de máis dun millón de euros distribuídos en dúas anualidades co obxectivo de seguir avanzando na mellora da mobilidade e nun Camiño máis seguro.

A execución da senda cicloturista está encamiñada á mellora da convivencia entre peóns, vehículos e peregrinos entre o alto de Barreiro e a Capela de Santiaguiño, onde a estrada conflúe co Camiño Portugués.

A intervención supón actuacións nun trazado que se estende ao longo de 3,5 quilómetros en que se fará un investimento total de algo máis dun millón de euros (1.084.413,74 euros) dos que Turismo de Galicia asume algo máis de 750.000 euros.

O ámbito de actuación correspóndese co trazado da estrada municipal que comunica as parroquias de Torroso e Mos co núcleo rural de Santiaguiño, na parroquia de Louredo. Trátase dun trazado municipal moi transitado cun ancho reducido que non dispón ata o momento de itinerarios peonís seguros polo que a actuación está encamiñada a deseñar un trazado seguro onde convivan peóns e ciclistas cun ancho non inferior a 2,5 metros que permitan xerar plataformas de convivencia con vehículos, especialmente naqueles tramos onde o trazado convive co Camiño. A obra permitirá embelecer o Camiño coa disposición de zonas empedradas con lastros nos encontros do Camiño coa vía e, especialmente na contorna do Cruceiro de Santiaguiño, co fin de pór en valor o patrimonio cultural e favorecer a sinalización silenciosa do itinerario de peregrinación.

O Carril Bici Alto de Barreiro-Santiaguiño case rematado
Comentarios