sábado. 10.12.2022

'A auga no patrimonio arquitectónico da contorna de Salvaterra de Miño e as súas parroquias'

O xurado decidiu conceder o PREMIO ESPECIAL ao CEP Carlos Casares, pola participación das imaxes do proxecto do curso pasado: 'A auga no patrimonio arquitectónico da contorna de Salvaterra de Miño e as súas parroquias' e pola súa traxectoria de colaboración ao longo de tantos anos. Este é un premio compartido con toda a Comunidade Educativa do CEP Carlos Casares, porque cada quen aportou “a súa pinga de auga” para que este proxecto saíra adiante.

O pasado domingo, coincidindo coa Xornada de portas abertas que organiza a ANPA e o colexio, foi inaugurada a exposición anual dos obxectos aportados por toda a Comunidade Educativa. A alcaldesa, Marta Valcárcel, durate a súa visita á mostra.
O pasado domingo, coincidindo coa Xornada de portas abertas que organiza a ANPA e o colexio, foi inaugurada a exposición anual dos obxectos aportados por toda a Comunidade Educativa. A alcaldesa, Marta Valcárcel, durate a súa visita á mostra.

Para celebrar o Día Internacional do Patrimonio foi a entrega de premios do 5º certame de imaxes do Patrimonio, organizado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas neste mércores. Este acto foi retrasmitido en directo, a través da radio e a través da internet, dende o Auditorio da Asociación Cultural de Valadares, en Vigo.

O CEP Carlos Casares é unha das escolas pioneiras que formaron parte daquela innovadora metodoloxía que buscaba tecer lazos de unión e colaboración entre os centros educativos, dun e doutro lado do río Miño e que pretendía recuperar e dar visibilidade ao Patrimonio Inmaterial que é común a ambos lados do río.

Esta actividade xurdiu cando se inaugurou a Ponte Internacional que une Salvaterra de Miño con Monçao. Dende entón, e xa van preto de 30 anos, o colexio de Alxén leva participando activamente en todas as actividades que organiza esta Asociación.

Á entrega de premios asistiron, ademais das persoas galardoadas, numerosas autoridades do eido da Cultura e da Educación dos dous países.

O xurado decidiu conceder o PREMIO ESPECIAL ao CEP Carlos Casares, pola participación das imaxes do proxecto do curso pasado: 'A auga no patrimonio arquitectónico da contorna de Salvaterra de Miño e as súas parroquias' e pola súa traxectoria de colaboración ao longo de tantos anos.

Este é un premio compartido con toda a Comunidade Educativa do CEP Carlos Casares, porque cada quen aportou “a súa pinga de auga” para que este proxecto saíra adiante.

METEOALXÉN

O Proxecto que van traballar este curso é “MeteoAlxén”. Un proxecto multidisciplinar e moi ambicioso, que se desenvolverá dende varias disciplinas. O pasado domingo, coincidindo coa Xornada de portas abertas que organiza a ANPA e o colexio, foi inaugurada a exposición anual dos obxectos aportados por toda a Comunidade Educativa. A pesar das conducións meteorolóxicas adversas, acudiron moitas persoas a visitala. Quen non puidera visitala, aínda está a tempo. A clausura da mesma será a finais da vindeira semana. Como cada ano conseguiuse un número moi importante de fotografías relacionadas coa meteoroloxía, o clima e os fenómenos atmosféricos. Quen sabe se unha destas imaxes será a gañadora do 6º certame de imaxes do Patrimonio.

Agardamos con impaciencia que Ponte… nas Ondas consiga entrar, nos próximos días, no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.

'A auga no patrimonio arquitectónico da contorna de Salvaterra de Miño e as súas...
Comentarios