martes. 23.04.2024

O Concello de Arbo, adxudica a  contratación das obras de Ensanche Mellora do camiño de Urzal – Civida 2ªFase” a traves da plataforma de contratación do Concello de Arbo.

 As obras, que daran comezo nas vindeiras semanas,  incluídas  neste proxecto consisten no ensanche e a mellora dun tramo do camiño existente no lugar de  Urzal na parroquia de Barcela e do que xa se executou o ano pasado a primeira fase deste proxecto

O importe do contrato ascendería á cantidade de 90.978,94 €  (IVE do 21%  incluído que ascende a 15.789,73 €)  e conta coa subvención da Deputación provincial de Pontevedra.

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Unha das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos.

Dada a amplía superficie do concello, e o gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren  completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.

Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o camiño   Urzal –Cividade , obxecto da obra, pois é un camiño utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado, e así dar continuidade ao mellorado nunha primeira fase- informa o rexedor do Concello Horacio Gil.

Arbo adxudica a obra de ensanche e mellora do camiño Urzal–Civida