jueves. 18.04.2024

O antigo Hospital Psiquiátrico O Rebullón, centro de saúde, residencia de maiores, centro de coidados intermedios e escola infantil

Estas novas instalacións, situadas no antigo Hospital Psiquiátrico O Rebullón, contarán: cun novo centro de saúde que incrementará nun 50% a superficie do actual e para o que xa se elaborou o plan funcional; cunha residencia de maiores, co fin de prestar atención a 90 veciños; cun centro de coidados intermedios para atender a persoas maiores que, por exemplo, sofren un accidente doméstico e reciben a alta hospitalaria pero precisan dunha atención transitoria antes de regresar á súa casa; e unha escola infantil.
DSC_0245
DSC_0245

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso coa atención sanitaria e social, coa creación en Mos dun complexo sociosanitario pioneiro, dotado cun centro de saúde, unha residencia de maiores, un centro de coidados intermedios e unha escola infantil.

Durante o acto de presentación do proxecto, Feijóo precisou que estas novas instalacións, que estarán situadas no antigo Hospital Psiquiátrico O Rebullón, contarán: cun novo centro de saúde que incrementará nun 50% a superficie do actual e para o que xa se elaborou o plan funcional; cunha residencia de maiores, co fin de prestar atención a 90 veciños; cun centro de coidados intermedios para atender a persoas maiores que, por exemplo, sofren un accidente doméstico e reciben a alta hospitalaria pero precisan dunha atención transitoria antes de regresar á súa casa; e unha escola infantil.

“Mos converterase en referencia co primeiro centro de coidados intermedios. O antigo edificio do Rebullón será a plasmación física da aposta por un proxecto ambicioso e multidisciplinar”, dixo, incidindo en que o novo modelo contempla a protección da saúde e da calidade de vida como un obxectivo único.

Feijóo concluíu facendo fincapé en que este complexo suporá un punto de inflexión na abordaxe das necesidades sociosanitarias das persoas maiores, na que a tecnoloxía se porá ao servizo do benestar das persoas dependentes; e na que os profesionais sanitarios e os sociosanitarios traballarán máis unidos que nunca para garantir a mellor calidade de vida.

O antigo Hospital Psiquiátrico O Rebullón, centro de saúde, residencia de maiores,...