martes. 28.05.2024

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, comprácese en comunicar o nome das gañadoras do concurso de micro relatos 'O libro da túa vida'. Fernando Groba salienta a alta participación e a calidade dos traballos presentados que amosan un alto nivel de interese por este xénero.

Esta

iniciativa de promoción da escrita en galego conseguíu atraer a atención dun

amplo abano de poboación, chegando microrrelatos de autores e autoras de

tódalas idades.

Ana Belén Fernández Melón co relato 'A illa do tesouro' fíxose co primeiro premio consistente nun vale por valor de 70€ para mercar nunha libraría local. O segundo premio foi para Sara Suárez Saavedra, de tan só doce anos de idade, co seu microrrelato 'A luz do Escuro' e o terceiro premio foi para Teresa Ríos Noya con 'Espello'; ámbalas dúas recibirán un vale de 50€ e 30€, respectivamente, para canxear nunha libraría local.

Todas

e todos os participantes serán contactados polo departamento de Cultura do

Concello de Ponteareas para que poidan recibir o seu agasallo.

'A illa do tesouro', 'A luz do Escuro' e 'Espello', micro relatos ponteareáns gañadores