viernes. 26.04.2024

A bancada parladoiro 'Nidia con Mos' coa que a alcaldesa mosense percorreu as parroquias do municipio como candidata durante a campaña dos pasados comicios locais celebrados no mes de maio, é xa propiedade do alumnado de 3º curso de Educación Primaria do CEIP Atín-Cela.

A rexedora local, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, facíanlle entrega do agasallo en forma de banco aos cativos este xoves no propio centro escolar, xunto con membros da nova directiva da ANPA do colexio; de quen partiu a iniciativa de pedirlle un banco ao Concello para crear o 'Banco da Amizade'.

Ante a solicitude –que foi a primeira petición que a nova directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos lle fixo á administración local mosense- Arévalo pensou en inmediato en regalarlles persoalmente o seu banco ao tratarse a iniciativa do 'Banco da Amizade' semellante en concepto á do seu banco parladoiro, xa que en ambos casos a idea e obxectivo son fomentar a comunicación e achegar posturas entre os interlocutores a través do diálogo e a proximidade. A través da escoita activa das necesidades e demandas dos demais.

“É moi

importante estar en contacto permanente coa xente, cos compañeiros, cos

veciños”, explicoulles Arévalo aos cativos, “por iso vos regalo este banco,

porque non se me ocorre mellor destino para el que dar asento aos nenos/as que

queren ou buscan amigos, que queren xogar, que se sinten sós… para que sempre

atopen compaña e unha man amiga”.

“É moi importante estar en contacto permanente coa xente, cos compañeiros, cos veciños”, explicoulles Arévalo aos cativos.

A idea do 'Banco da Amizade' naceu para situalo no patio de recreo e que calquera pequeno do centro que se sinta triste, teña un mal día, precise falar ou non teña con quen xogar se sente nel e, ao velo, os seus compañeiros poidan achegarse para consolalo, darlle un abrazo, falar con el/ela, ou compartir o tempo de xogo.

A alcaldesa de Mos regala o seu banco ao alumnado do Colexio de Atín para crear o...