jueves. 28.03.2024

Esta tarde reuniuse o xurado profesional para valorar as 6 propostas candidatas a letra do Himno de Mos. Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, forma parte deste xurado. Os demais membros deste xurado son:

  • Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos.
  • Xulio Lorenzo, compositor da partitura do Himno de Mos.
  • Xaime Estévez, compositor e mestre de Música.
  • Jacobo Gaspar, compositor e vicedirector do Conservatorio de Vigo.
  • Juan Durán, compositor e subdirector xeral de Ensinanzas de Réxime Especial de Música de Galicia (conéctase de modo telemático desde A Coruña).
  • Técnico/a municipal (secretario/a do xurado), Alba Bugarín.
  • Uxía e Javier Baquero, que non puideron estar hoxe presentes, emitiron a súa acta de voto por escrito.

O procedemento de votación popular permanecerá aberto ata o vindeiro domingo 15 de maio ás 12 da noite. A cidadanía aínda pode votar a candidatura para escoller a letra do himno de Mos. Un total de 6 cancións aspiran a converterse na letra do himno do Concello de Mos, composición musical autoría do gaiteiro de Louredo, Xulio Lourenzo, que carecía de letra. O temas coas 6 letras diferentes poden lerse e reproducirse para escoitalas nunha sección habilitada a tal fin na páxina web municipal á que se pode acceder a través da seguinte ligazón. Todas as persoas interesadas en votar por algunha das candidaturas aspirantes deben votar cubrindo un formulario no que especifiquen nome, apelidos, enderezo e o número asignado ao participante ao que lle queren dar o seu voto.

As propostas son anónimas para que a votación sexa o máis ecuánime, xusta e imparcial posible. Todas elas están cantadas pola mesma voz para este proceso de votación, en aras de evitar que voces diferentes puidesen influír tamén na decisión dos votantes. O encargado de cantalas todas é o compositor e cantante Raúl Ben, que por suposto non participa no concurso.

DSC_0976
DSC_0976

A semana do 16 de maio votarán os voceiros dos diferentes grupos integrantes da Corporación Municipal.

A proposta gañadora extraerase sumando as porcentaxes de puntuación do seguinte xeito: Xurado Profesional (50 % da puntuación), Corporación (25% da puntuación) e Xurado Popular (25% da puntuación). A letra que resulte vencedora aprobarase oficialmente en Pleno o 30 de maio.

XURADO

Xurado Profesional (50 % da puntuación).

Corporación (25% da puntuación):

Esta puntuación acadarase a través dunha mesa de traballo formada por cada un dos voceiros de cada partido político.

Xurado Popular (25% da puntuación):

Poderán votar todas aquelas persoas que o desexen. Só será contabilizado un voto por persoa e unicamente poderase votar a través da aplicación específica "A letra do noso himno" creada para tal fin, e que estará vinculada única e exclusivamente á web municipal.

A decisión do xurado é inapelable, polo que non poderá ser obxecto de recurso de ningún tipo.

6 propostas candidatas a letra do Himno de Mos
Comentarios