sábado. 27.04.2024
Cultura

Presentados os dous videoclips gravados nas Illas Cíes premiados no concurso de talentos 'Pequestrelas'

Celebrouse no Salón de Actos do Centro Cultural de a Guarda a presentación dos videoclips gravados nas Illas Cíes correspodentes aos premios recibidos polas escolas de baile gañadoras do concurso de talentos 'Pequestrelas'. Ao acto asistiron as participantes, as nais e pais das bailarinas e o Alcalde de A Guarda, que mostrou o seu apoio a este tipo de iniciativas e á danza no seu concello. 

A produtora LineaPress Europa foi a encargada de gravar no entorno das Illas Cìes os videoclips correspondentes aos premios da nova edición do concurso de talentos "Pequestrelas", celebrado o pasado mes de maio en Vigo e organizado pola produtora en colaboración coa Xunta de Galicia.

As escolas de baile Dansá Performing Arts de A Guarda e LDanzia Escola de Danza de Gondomar, vencedoras do concurso, desfrutaron dun día completo de gravación en distintas localizacións das Cìes, entre elas o Mirador das Aves, o Faro, o Peirao e a Praia de Rodas (considerada o pasado ano a mellor praia do mundo polo diario británico The Guardian) onde dezaoito bailarinas mostraron o seu talento no baile. Dende a produtora salientan o futuro impacto do videoclip na promoción das Illas Cìes e a importancia da convivencia entre as escolas.

Comentarios
Presentados os dous videoclips gravados nas Illas Cíes premiados no concurso de...