martes. 21.05.2024
Cultura

Con choiva ou sen choiva os salvaterrenses fieis ó Verán Cultural con Codesal e Núñez

A belga-galega Verónica Codesal presentou o seu disco '100 voltas', música tradicional entrelazada coa súa achega doutras músicas e textos propios na pasada por auga noite do venres. Pola súa banda, na noite do sábado, con tempo seco e calor, o gaiteiro Carlos Núñez, un namorado e activista da música celta, quixo tocar na praza do Castelo co pano de fondo da casa do Conde ou Casa do viño. Un lugar máxico como correspondía á súa xira por emprazamentos similares. Núñez adapta o seu repertorio ao lugar e conta coa colaboración de gran variedade de músicos.
Comentarios
Con choiva ou sen choiva os salvaterrenses fieis ó Verán Cultural con Codesal e Núñez