A EFA A Cancela celebrou por todo o alto o seu 50 aniversario nun emotivo encontro que reuniu a toda a súa comunidade nas Neves. Unha xornada de celebración que puxo de manifesto a forte ligazón entre o centro, as familias, o territorio e o mundo empresarial ao longo destas cinco décadas. Autoridades, antigos alumnos e colaboradores sumáronse a esta festa que mira ao futuro con optimismo.
