jueves. 28.03.2024

Vigo área metropolitana

La alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, le un manifesto o Día da Muller Traballadora ás portas da Casa do Concello

"O Concello de Salvaterra únese para reivindicar o papel da muller pero tamén para visibilizar a situación que vivimos. Reivindicamos a igualdade de oportunidades, na esfera social e o dereito a vivir sen violencias", afirmou Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño".

"Somos o motor da nosa vida, da nosa casa, da nosa familia, do noso traballo, do noso Concello, da sociedade en xeral, pero moitas veces fumos relegadas a un segundo plano. Nos somos as que temos que escoller e moitas veces renunciar".

E lanzou esta mensaxe: "Queremos que se nos respeten os nosos dereitos: o dereito a ter unha familia e a traballar, a ter un posto de responsabilidade e a cobrar o mesmo que o meu compañeiro, pero sobre todo o dereito á igualdade e a elixir libremente sobre nós mesmas e a nosa situación, sexa a que sexa. Pero a elixila por nós, non por ningunha outra persoa. Estamos aquí para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, entre mulleres e homes. Non pedimos máis pero non estamos dispostas a recibir menos. Quremos decidir. Eu quero ser o que decida ser. Non quero nin debo renunciar a nada. Queremos elixir en liberdade. Estamos no noso dereito e é un dereito de todas".

Comentarios
La alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, le un manifesto o Día da Muller...