Vai de cine

Meu amigo Xosé leva traballando trinta anos nunha empresa de consultaría do sector audiovisual que dende 2020 tamén se dedica á produción de películas.

Meu amigo Xosé leva traballando trinta anos nunha empresa de consultaría do sector audiovisual que dende 2020 tamén se dedica á produción de películas.

Entre outras cousas, organizan eventos e festivais relacionados co mundo do cine nos que as veces acoden tres mil persoas. Xosé forma parte do equipo que decide os temas que se van a tratar en cada evento, no que as empresas e guionistas participantes aproveitan para asinar contratos.

Neste festivais coñeceu a xente de todo o mundo e nun deles formou parte do xurado; o cal implica ver catro películas diarias durante cinco días. Ao final, o sábado pola noite, os directores e actores apareceron para recoller os premios.

Na área de consultaría preparan información financeira e orzamentos da rodaxe para os inversores e, para a súa elaboración, teñen que manexar moitísima información.

Dende que se decide facer unha película ata o seu estreo poden pasar case dous anos, pois teñen que buscar os inversores, contratar o director e os actores, decidir os lugares onde se rodará... Para organizalo soen utilizar unha parede na que colgan un longo papel, onde escriben os pasos a seguir día a día durante varios meses e concretar todo: datas e lugares da rodaxe cos actores cadrando os seus compromisos, viaxes, vestiarios... É como facer parafusos con películas.

Algúns informes que lles piden son sobre o que máis pode interesar aos Millennials e á Xeración Z. Estes últimos saben todo o que ten que ver coa tecnoloxía dixital pero non saben sinónimos, pois non é o mesmo estar preocupado, anoxado que agobiado.

O primeiro que pregunta un inversor é cando recuperará os seus cartos. En principio podería recuperar ata un 20% dos beneficios que obteña a película, aínda que podería non habelos por ser inferiores o seu custo; polo que ten un risco.

Unha serie de doce días de rodaxe podería saír en torno aos 800.000 € se é barata. Por iso se no momento da rodaxe o actor ou a actriz principal está enferma, agás que sexa grave, ten que acudir.

Na elaboración dos guións funcionan os tres actos de Aristóteles e deben ter entre 60 e 70 páxinas. E se na páxina dez non hai un primeiro xiro na trama, a película xa non interesa porque a xente deixa de vela. O xiro debe producirse antes de sete minutos.

Na empresa teñen unha listaxe dos doce primeiros temas que enganchan máis e outra dos doce secundarios. Para sentir interese, a xente ten que saber o tema de que se vai tratar dende o principio. Unha película non é un libro e ten que quedar claro de que se vai a tratar dende o comezo: unha vinganza, unha trama de ciencia-ficción de supervivencia...

Cando vas a presentar unha serie a Amazon, Netflix ou TVE non che piden que lle contes a historia senón cal é o tema -o conflito-. Só con iso, poden dicirte “non me interesa” e asunto acabado.

Nunha ocasión tiveron que parar unha película que estaban preparando sobre un tema baseado nunha obra de teatro  porque, de súpeto, outra produtora comprou os dereitos de autor desta; e agora mesmo están preparando un guión para una película destinada ao público infantil. Antes depreciábanas porque o algoritmo as rexeitaba por considerar que os nenos non teñen cartos e deciden seus pais; pero isto agora cambiou.