O País de Nunca Xamais
A penúltima vez que fun o dentista no 2020 tiveron que sacarme tres moas en tres sesións diferentes, deixando quince días entre cada unha para que me relaxara. Foron tres porque a extracción da última moa na segunda e teórica última sesión complicouse, e o dentista decidiu parar para continuar outro día e evitar que non volvera nunca máis. Sglubs...
Hai uns días volvín outra vez ao consultorio relativamente tranquilo, porque en principio era para unha limpeza. E, por sorte, despois de dicirme que non tiña ningunha raíz de ningún dente rota, así foi. Uff...
So entrar dixen que chegaba motivado para a revisión anual que me recomendou, despois de experimentar as consecuencias de non facela durante cinco anos.
No momento que o dentista comezou a eliminar a caries dos dentes de abaixo pechei os ollos para viaxar mentalmente ao País de Nunca Xamais, e abstraerme de todo o que estaba a ocorrer.
Cando entras nese País, a vibración que provocan as turbinas nos dentes parece producida por paxaros cun pico moi longo que gozan comendo ao que tes entre os dentes, e xeran un win-win que beneficia a ambas partes. E, cando te enxaugas a boca, non te asustas vendo a túa saliva de cor vermella.
A impresión que me deu cando pasamos a limpar os dentes de arriba, pola contra, foi diferente; pois a turbina era moito máis agresiva. Acabáronse os paxaros entón, para ser substituídos por trades como os que se utilizan para furar o asfalto.
Que no consultorio soara unha música relaxante e o dentista seguira tatareando, transmitía tranquilidade. Igual que me dixese que, de sentir dor, levantase a man sen problema.
Pero eu, ausente do que pasaba, non levantei a man nin unha vez. Como ía a facelo? De levantala, estaría saíndo do País de Nunca Xamais e eu, como non, desexaba estar nel o maior tempo posible!