Informe da pobreza en España

No Informe El Estado de la Pobreza que EAPN- España (Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión social) presentou a semana pasada, analízanse os datos da última Enquisa de Condicións de Vida, correspondentes ao ano 2024, a cal utiliza indicadores homologados na Unión Europea.
No Informe El Estado de la Pobreza que EAPN- España (Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión social) presentou a semana pasada, analízanse os datos da última Enquisa de Condicións de Vida, correspondentes ao ano 2024, a cal utiliza indicadores homologados na Unión Europea.

 

O feito de que melloraran os datos, como se comentou na presentación, ten que ver con que se fixeron cousas distintas, tanto a nivel de Europa, España e das comunidades autónomas; aínda que o mero crecemento económico non mitiga a pobreza. Tampouco o aumento do emprego, pois o 32,9% das persoas que están en pobreza teñen emprego.

Os datos de pobreza infantil, pola contra, empeoraron, sendo importante afrontala apoiando ás familias; pois España é o país da UE coa taxa de pobreza infantil máis alta.

Habendo unha mellora xeral, hai grupos que están en peor situación, como as mulleres ou as familias con fillos numerosas e monoparentais. Sobre todo estas últimas a cargo de mulleres, que en moitos casos teñen un emprego a tempo parcial non desexado e sen apoios á conciliación. Tamén a poboación migrante extracomunitaria, quen máis da metade están en situación de pobreza e ou exclusión.

No tema da vivenda, o que máis subiu son os alugueiros, que subiron moito máis que a renda; habendo casos de pobreza severa no que o aluguer alcanza o 70% do salario.

Aínda que a taxa Arope reduciuse 0,7 puntos no 2024 -o cal é positivo- hai que ter en conta que, ao ser do 25,8%, unha de cada catro persoas sigue estando en risco de pobreza e/ou exclusión social; estando moi lonxe dos obxectivos da Axenda 2030 de reducilo á metade. A dita taxa tense reducido polo aumento das rendas medias debido á xeración de emprego, o aumento das pensións, o IMV e outras medidas; aínda que o poder adquisitivo non ten aumentado tanto debido ao incremento do custo da vida.

Por outra banda, o 19,7% da poboación está en risco de pobreza, habendo unha redución de medio punto respecto 2023; aínda que en comparación cos países da UE a taxa de pobreza en España é superior á media (16,2%).

Respecto á carencia material social e severa (que integran os fogares que non poden afrontar 7 o máis conceptos de consumo dun total de 13 como, por exemplo, non ter capacidade para afrontar gastos imprevistos), o 8,3% da poboación vive con esta; diminuíndo 0,7 puntos respecto 2023.

A baixa intensidade no emprego no fogar é o único indicador que cumpre co obxectivo da Axenda 2030, aínda que España (8%) se sitúa por encima da media da UE (7,9 %), neste caso con valores similares.

Na presentación do informe subliñouse que eliminando todas as prestacións sociais (todos os ingresos que facilita o Estado) a taxa de pobreza aumentaría ata o 42,6 %, polo que case se duplicaría; e falouse da necesidade dunha revisión fiscal máis redistributiva e progresiva, pois o crecemento do PIB non acaba coa pobreza. E púxose como exemplo a Francia ou Irlanda, por ser os países que reducen máis a pobreza grazas ao Estado do benestar.

Tamén se propuxo un Pacto estatal contra a Pobreza Infantil e se informou de que a principios do 2026 teremos unha Estratexia de Loita contra a Pobreza a nivel europeo.