martes. 21.05.2024

A Deputación de Pontevedra suma outro recoñecemento á excelencia do destino Rías Baixas, desta volta directamente por parte do público final. A deputada de Turismo, Nava Castro, acaba de recoller o galardón outorgado polos lectores da publicación Viajes National Geographic, que lle deron unha mención especial á provincia de Pontevedra na categoría de mellor destino gastronómico nos seus “Premios de los Lectores de Viajes National Geographic 2024”. A entrega tivo lugar no Club Allard (Madrid) tras tres semanas de votación en liña o pasado mes de febreiro.

Sobre o destino Rías Baixas, a revista destaca  que “a combinación dos ricos mares, os verdes pastos e os fértiles viñedos permitiron que esta rexión se convertera nun fervedoiro de restaurantes exquisitos, rutas gastronómicas e experiencias co sabor como protagonista”. Ademais, Viajes National Geographic sinalou que o produto da provincia está sendo potenciado “cunha nova xeración de restauradores que potencian as receitas clásicas e exploran novas fronteiras”. A provincia de Pontevedra competía nesta categoría con Córdoba (que gañou o primeiro premio), Terres de l’Ebre, a Costa Guipuscoana e as Terras de Xaén.

20240418_navacastro_premiosviajesnationalgeographic_01

A gastronomía é unha experiencia 100% Rías Baixas, un dos principais sinais de identidade da provincia de Pontevedra, tanto polos seus peixes e mariscos, como polas súas carnes, os produtos do campo, os queixos e mel ou os viños con recoñecemento internacional. Na provincia de Pontevedra trabállanse produtos de cinco denominacións de orixe e outras once indicacións xeográficas protexidas.

Viajes National Geographic hace una mención especial ás Rías Baixas como destino...
Comentarios