viernes. 19.04.2024

A alvariza da aldea modelo de Bustelo, en Quiroga, creación dunha peza de arte pública de carácter escultórico

E así, para promover esta actuación desenvolveranse talleres de pedra seca e arte contemporánea, actividades cos centros educativos da zona, talleres de música, visitas a outras alvarizas e conferencias sobre o Camiño de Inverno, entre o 23 de maio e o 3 de xuño.
Este proxecto, que se desenvolverá entre o 23 de maio e o 3 de xuño, abordará a pegada da ruta xacobea na contorna do municipio de Quiroga cunha proposta artística da artista Lucía Loren, onde as alvarizas se interpretan como vestixios do patrimonio material e inmaterial.
Este proxecto, que se desenvolverá entre o 23 de maio e o 3 de xuño, abordará a pegada da ruta xacobea na contorna do municipio de Quiroga cunha proposta artística da artista Lucía Loren, onde as alvarizas se interpretan como vestixios do patrimonio material e inmaterial.

No marco da celebración do Xacobeo, a Xunta de Galicia participará no proxecto Xacobeo. Ruta polos territorios do noso imaxinario, unha iniciativa de carácter autonómico, colaborativa e interdisciplinar arredor do patrimonio cultural inmaterial e a creación artística contemporánea, auspiciada por Acción Cultural Española, no marco da celebración do Ano Santo.

No caso de Galicia, proponse a intervención artística de Lucía Loren no municipio lucense de Quiroga coa creación dun espazo público, entendido como contorna vital de aprendizaxe e colaboración, a partir das posibilidades que nos ofrece unha relectura do noso patrimonio desde a sensibilidade da arte contemporáneo.

A proposta de actuación materialízase na creación dunha peza de arte pública de carácter escultórico, inspirada nunha tipoloxía de arquitectura vernácula tradicional na zona como son as alvarizas, realizadas coa técnica da pedra seca, coas que se construían estes recintos amurallados que protexían as colmeas.

Para a materialización desta proposta realizarase a rehabilitación e intervención artística con este mesmo recurso construtivo da pedra seca, na contorna dunha alvariza localizada na aldea modelo de Bustelo, no concello de Quiroga. A realización da peza utilizando a técnica de pedra seca, pretende activar o interese por esta forma de construción tan significativa, remarcando o seu papel fundamental nas paisaxes culturais da comunidade, e resaltando do mesmo xeito o seu gran valor ambiental, constituíndo un corredor ecolóxico fundamental para diversos hábitats, así como un refuxio de flora e fauna.

Moitas destas paredes ou muros construíronse tradicionalmente sobre terreos con fortes pendentes, xerando estruturas de contención fundamentais para soster o terreo e poder xestar espazos fértiles ou espazos de protección, como é o caso das alvarizas. Esta obra quere ser ademais un fío condutor para articular unha experiencia na que a propia acción de colaboración contribúa a comprender a importancia da creación de “corredores de solidariedade”, isto é, espazos físicos e emocionais que amosen as capacidades e fortalezas cando se crea desde o colectivo.

Deste xeito, poñer énfase na recuperación do coñecemento popular, mostrar a tradición como parte dunha historia acumulada polo ser humano: o pasado como unha certeza. A través do ensino dos vestixios da memoria presentes nos distintos territorios e poboacións que conforman o Camiño, súmanse esforzos para o seu mantemento e achégase valor para crear novos coñecementos actuais sustentados neles.

E así, para promover esta actuación desenvolveranse talleres de pedra seca e arte contemporánea, actividades cos centros educativos da zona, talleres de música, visitas a outras alvarizas e conferencias sobre o Camiño de Inverno, entre o 23 de maio e o 3 de xuño.

Por iso, a metodoloxía de proceso proposta será activa e de colaboración, abrindo este proceso de creación á participación de asociacións e habitantes da zona, incidindo na importancia de xerar un vínculo e identificación da poboación co seu territorio e facilitando que as accións perduren no tempo. Búscase tamén favorecer a empatía entre distintos colectivos sociais, consolidando un proceso de traballo inclusivo e diverso, adaptando os formatos de participación ás necesidades e capacidades dos diversos colectivos implicados.

No desenvolvemento do proxecto de difusión dos valores do Camiño de Santiago e o Xacobeo participan a Xunta, Concello de Quiroga e o Ministerio de Cultura e Deportes xunto con outras comunidades vinculadas ao Camiño de Santiago como Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, e A Rioxa, e a colaboración de Navarra.

Os obxectivos do proxecto son dinamizar, desde a perspectiva cultural e artística, os Camiños de Santiago; identificar, recuperar, estudar e poñer en valor as tradicións e o coñecemento vinculados ao Patrimonio Cultural Inmaterial; e apoiar a creación artística que se realiza nos devanditos territorios, a través do desenvolvemento de proxectos nos que conviven arte, pensamento, tradición, e educación.

A alvariza da aldea modelo de Bustelo, en Quiroga, creación dunha peza de arte pública...
Comentarios