domingo. 05.05.2024

O turismo galego continúa a senda da súa desestacionalización, cun importante dinamismo da actividade turística fóra de temporada alta, como así o constatan os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) feitos públicos hoxe referidos aos viaxeiros aloxados en hoteis e pensións o pasado mes de novembro. Ese mes rexistraron preto de 269.000 viaxeiros aloxados e algo máis de 506.000 noites, o que supón un incremento do 5,9% e o 1,8% con respecto ao ano pasado.  

Esta cifras suponen que o aloxamento hoteleiro da comunidade galega acade o nivel de demanda máis elevado dos últimos 16 anos e un máximo histórico no que se refire aos viaxeiros aloxandos nun mes de novembro.  

Os datos deste mes reforzan a senda de crecemento da demanda que viña mantendo a Comunidade galega nos primeiros cinco meses do ano e que recuperou en setembro e se consolidou en outubro e en novembro. 

O mercado nacional e internacional acada neste ano un máximo histórico de noites hoteleiras no mes de novembro, con 246.000 noites os nacionais (un 9% máis que a cifra previa á pandemia, en 2019) e con 100.000 noites o internacional.  

O incremento dos niveis de demanda acontece nun contexto de mellora das tarifas hoteleiras, co que a rendibilidade hoteleira se mantén estable, en valores parellos aos do pasado ano nese mes de novembro.

Os datos feitos públicos hoxe polo INE contabilizan aos viaxeiros aloxados en hoteis e pensións, que se completarán a principios de xaneiro cando se dea a coñecer a estatística coas cifras turísticas do resto de establecementos (campings, turismo rural, apartamentos...).

O turismo galego afianza en novembro a súa desestacionalización cun incremento do 6%...
Comentarios